PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Sen esquecer a situación económica
Touriño comparecerá en setembro para analizar o Acordo pola Competitividade

Europa Press O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, solicitou comparecer no primeiro pleno do mes de setembro, cando se retomen as sesións do Parlamento galego, para explicar o contido do Acordo pola Competitividade e para analizar a situación económica.

Reloxo 08.07.2008 | 18:37

Emilio Pérez Touriño durante o acto para o Acordo de Competitividade Emilio Pérez Touriño durante o acto para o Acordo de Competitividade. AGN
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Ismael Rego, confirmoulle a Europa Press que Touriño rexistrou onte na Cámara a súa solicitude de comparecencia, na que abordará a situación actual da economía galega, algo que xa pedira o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, quen o pasado xoves esixiu a súa comparecencia "urxente" sobre a crise e instoulle a "non esconderse" detrás das súas vacacións.

Nese sentido, o secretario de organización do PSdeG e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, explicou nun comunicado que Touriño pediu comparecer no primeiro pleno de setembro e interpretou que Feixóo "chega tarde, mal e arrastro" cando pide a comparecencia do xefe do Executivo galego para explicar a situación económica.

Varela tamén criticou as declaracións do presidente do PP galego sobre o Acordo pola Competitividade e asegurou que son un "desprezo" e unha falta de respecto a empresarios e sindicatos, tras o cal lle recomendou ao líder popular "que se aplique o conto de máis pa e menos pico".

Postura de Feixóo

Feixóo vinculou hoxe coa proximidade das próximas eleccións autonómicas o Acordo pola Competitividade rubricado onte entre a Xunta, a patronal e os sindicatos e, posto que "obriga" a futuros gobernos, considerou que non é "razoábel" que non se pactase cos grupos parlamentarios.

Fronte a iso, Varela coincidiu en que se trata dun plan de futuro e pediulle ao presidente do PPdeG que non se preocupe porque el non o vai a levar adiante desde o Goberno. Así mesmo, interpretou nun comunicado que Feixóo "volve mostrar a súa falta de solvencia e a súa frivolidade" cos grandes asuntos de Galiza e concluíu que "o que lle molesta ao PP é que o Goberno goberne e tome decisións".

Nese sentido, o dirixente socialista asegurou que a "obsesión permanente" do líder popular de "dicir non a todo" chega ata o extremo de "desacreditar o que el mesmo solicita", en referencia a que reclamou medidas para paliar as dificultades económicas "e cando se presentan non lle valen".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil