PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O CASO NA FISCALÍA DE DELITOS ECONÓMICOS
Terceira sentenza do TSXG contra Reganosa

Manuel Vilas O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol pide á Xunta que non recorra o ditame que anula o cambio do PXOM de Mugardos, sobre o que se basearon as posteriores autorizacións da planta de gas, e advirte de responsabilidades penais dos políticos.

Reloxo 18.06.2008 | 17:59

Gaseiro remolcado cara Reganosa Gaseiro remolcado cara Reganosa. Comité de Defensa da Ría de Ferrol Ditada a comezos de mes, trátase da terceira sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a instalación da planta de gas en Mugardos. Os xuíces basean a súa decisión en que o cambio de usos do terreo realizouse malia carecer da imprescindíbel Declaración de Impacto Ambiental. A modificación foi aprobada polo concello cando era gobernado por unha coalición de PSdeG e BNG.

O Comité pediu ás administracións que non recorran a sentenza, como sucedeu nas dúas ocasións anteriores. “Touriño e Fernando Blanco recoñecen que non é o mellor sitio para unha planta de gas pero non actúan, polo menos que deixen que actúe a Xustiza”, argumentan os voceiros do Comité nunha rolda de prensa esta mañá en Santiago.

A Fiscalía investiga en Madrid

O coordinador do CCE Manuel Rodríguez explica que hoxe lle entregaron unha carta ao Presidente e Vicepresidente da Xunta neste sentido. Rodríguez advertiu que o Comité enviou documentación á Fiscalía Especial para a Represión dos Delitos Económicos en Madrid para que estude o asunto pois “a licenza de construción e todas as posteriores están baseadas no cambio de usos que esta sentenza anula”.

“É unha situación esperpéntica que a Xunta de Galicia siga apoiando a un grupo privado contra tres sentenzas do TXSG e a opinión da maioría dos cidadáns, é algo que non se entende nun goberno nacionalista”, espetou o vicepresidente da delegación ferrolá da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Humberto Fidalgo.

“Case prevaricación”

O Presidente do Ateneo de Ferrol, Eliseo Zaera, cualificou de “case prevaricación” as autorizacións administrativas que permitiron a posta en marcha de Reganosa a raíz do cambio no PXOM agora anulado. “Como é posíbel que poidamos crer nun partido político que nos fala de autogoberno cando non respecta tres decisións do máximo tribunal de Galiza?” pregunta Zaera en alusión ao apoio de PSdeG e BNG á actividade da planta.

16 millóns de bombonas

“A que espera a Xunta para actuar, a que haxa un accidente?” argumentou Fidalgo. Segundo datos do Comité, Reganosa non está a lograr que nunha aseguradora cubra a súa actividade debido a súa proximidade ás vivendas. O CCE asegura que no caso de estoupar por completo a deflagración sería equivalente á provocada por 16 millóns de bombonas de butano.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río