PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Este sábado 11, ás 20.30
Teatro do Atlántico estrea 'Unha primavera para Aldara' en Arteixo

Redacción .  A obra coa que Teresa Moure gañou o XIII premio de literatura dramática Rafael Dieste sobe ás táboas este sábado, no auditorio do Concello de Arteixo.

Reloxo 10.10.2008 | 11:33

Unha primavera para Aldara Unha primavera para Aldara Presentárona en conferencia de prensa a responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Caridade González Cerviño; a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto; o director de Teatro do Atlántico, Xulio Lago; e as actrices Belén Constenla e María Bouzas. Xunta elas, Amparo Malo, Lucía Regueiro, María Barcala, Pilar Pereira, Marcos Correa, Josi Lage, Agustín Vega e Juan Carlos Mejuto integran o elenco.

González Cerviño recordou que o texto de Moure fora seleccionado polo xurado "pola súa sólida estrutura dramática, e a magnífica construción dos personaxes", e salientou o desafiante da posta en por se tratar dunha obra de 160 páxinas "de alto valor literario, con grande complexidade escénica, aínda que rica en posibilidades de representación".

Lago comentou que, en efecto, esta é a produción máis difícil de Teatro do Atlántico nas 24 tempadas que leva activo, por ser "un texto complexo, cunha estrutura dramática difícil" que se ambienta nun mosteiro no que Aldara é abadesa e dá a noticia da primeira sentenza por malos tratos do século XV. "É unha obra que fala de asuntos como o amor, a liberdade, a igualdade, a tolerancia, ou a represión", sinalou.

Logo da estrea, Unha primavera para Aldara iniciará unha xira por outros concellos da provincia: estará en Culleredo o 17, na Coruña o 18, e nas Pontes o 24. Xa en novembro, pasará por Narón (o día 8), Ames (o 14), Carballo (o 23), e Ferrol, o 28. En decembro será representada en Muros e Noia, os días 5 e 12 respectivamente. No Salón Teatro compostelán paran do 18 ao 21 deste mes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río