PUBLICIDADE
Domingo, 18 de maio de 2008
Para xogar o Preolímpico de Madrid
Tamara Abalde, preconvocada por España

Redacción .  Despois dunha fantástica tempada na súa estrea na NCAA, a baloncestista viguesa recibiu o premio de entrar na lista que disputará o Preolímpico en Madrid coa selección estatal, se ben antes terá que confirmarse nun dos catro postos que restan por decidir na concentración e para os que hai seis xogadoras.

 06.05.2008 | 07:21

Un intre do Galiza-Xapón
Un intre do Galiza-Xapón. Paco Vilabarros

Tras deixar Galiza e iniciar unha aventura en Estados Unidos que a levou a ser proclamada unha das mellores xogadoras da Liga Universitaria, a viguesa Tamara Abalde continúa co seu crecemento deportivo ao ser preconvocada pola selección española para disputar o Preolímpico que se celebrará en Madrid e para o que chamaron a 14 baloncestistas.

Así, ás oito xogadoras fixas como Elisa Aguilar, Nuria Martínez, Laia Palau, Isabel Sánchez, Amaya Valdemoro, Anna Montañana, Lucila Pascua e Cindy Lima; súmanse seis novos talentos -Silvia Domínguez, Anna Cruz, Alba Torrens, María Revolto, Tamara Abalde e Laura Nicholls- que completarán a lista que buscará a clasificación para a cita olímpica, da que quedaran fóra dúas das promesas. Todo indica que Abalde será unha das elixidas na convocatoria final.

O día 9 de xuño España debutará no Preolímpico ante Fiji. O día 11 completarase a Primeira Fase co importante choque ante Brasil. Os dous primeiros clasificados de cada grupo disputarán os cuartos de final o día 13, que terán como premio para os gañadores o pase directo aos Xogos Olímpicos de Beixing. Os perdedores do cruzamento de cuartos pelexarán pola quinta praza que tamén dá o pasaporte a Pequín.

A seleción estatal buscará a súa terceira clasificación para uns Xogos Olímpicos. En 1992 a selección feminina participou pola súa condición de anfitrión mentres que en Atenas 2004 conseguiuse grazas ao bronce do Europeo de Grecia 2003.

A chamada para o Preolímpico impedirá que Abalde lidere á selección galega no Torneo das Nacións que se xogará 0 16 e 17 de maio en Santiago e no que estarán, ademais de Galiza, Euskadi, Catalunya e Portugal.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil