PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Xa a venda
Som do Galpom lanza o seu primeiro disco

Redacción .  Un estilo único que vai do funk ao reggae e que coquetea co rap. Así é a proposta de Som do Galpom, un quinteto orixinal que vén cargado de festa para difundir un discurso propio: a volta á inocencia e á naturalidade. Agora presentan o seu debut discográfico '...en terra de ninguem'.

Reloxo 21.03.2009 | 07:22

Som do galpom. Bocixa, Raquel Rey Gael de Esteban (voz), Brais de Esteban (violín e coros), Xurxo García (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro (baixo e coros) e Aitor García compoñen esta banda que ten cativado os xurados dos máis destacados premios musicais de Galiza. O último foi o certame Nsaio no Camiño, onde Som do Galpom quedou por diante de máis de 150 bandas.

Agora, baixo o título ...en terra de ninguem, veñen de publicar o seu primeiro traballo, todo un exercicio de reflexión sobre os tempos que corren, que contou coa produción de Segundo Grandío e o deseño e edición de Falcatruada.

Inscríbense dentro da tradición galega de cantantes reivindicativos, con mensaxes claras e directas rapeadas por Gael de Esteban aderezadas por unha potente base rítmica, baixos e bombos contundentes, guitarra e violín. Con todo, este cinco rapaces da Moniña, preto de Compostela, viven a súa maior expresión artística en cada directo. E iso é o que farán por todo o país durante o verán despois de ter presentado en diferentes puntos da península este debut, no que moitos topan ecos do estilo de bandas como Macaco, Ojos de Brujo, Che Sudaka, Amparanoia ou La Kinkyy Beat.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río