PUBLICIDADE
Mércores, 14 de maio de 2008
Xornada sobre cinema sen recursos no CIP
Sergio Benvenuto: "No cinema, con imaxinación e coas novas tecnoloxías, podes facelo todo"

Redacción .  O director do Festival Internacional de Cinema Pobre de Gibara (Cuba) foi convidado a unha xornada dedicada ao cinema sen recursos e curtametraxes.

 08.05.2008 | 18:03

Benvenuto, Fernández Iglesias e Carballo
Benvenuto, Fernández Iglesias e Carballo. L.R.
O Club Internacional de Prensa e a dirección xeral de Comunicación Audiovisual, da Secretaría Xeral de Comunicación, convidaron ao director deste festival a participar nunha xornada que comezou na tarde deste xoves, ás 16.30, nun encontro pechado cos medios, e continuará ás 20.00, na mesma sede do CIP.

No encontro acompañaron a Benvenuto Carmen Carballo, directora do CIP, e Manuel Xosé Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual. Benvenuto explicou como se consolidou Gibara como "lugar para a creatividade", en todos os ámbitos, tanto cinema como música ou outras artes, e na actualidade é un "festival sen alfombras" com proxección no panorama internacional.

"O noso proxecto está en sintonía con outros relacionados co cinema sem recursos, como Curtas na Rede", sinalou Benvenuto. "Hai afinidades que trazan unha folla de ruta, e agora o camiño é seguirmos traballando para que as ferramentas e eventos que até agora funcionaban autonomamente sigan a facelo, pero poidan xuntar esforzos de convocatoria e unirse nun lugar (aquí, en Galiza, que aínda está por determinar)".

Como explicou Carmen Carballo, tentouse, com este encontro, aprender da experiencia de Cuba, pero tamén de todo o ámbito latinoamericano, para xerar unha plataforma "para que o sector audiovisual dialogue e se exprese". Pola súa banda, o director xeral de Comunicación Audiovisual salientou que a pretensión é chegar a unha experiencia como a cubana: "que un festival consiga cambiar a mentalidade, mover as conciencias, funcionar como soporte de transmisión dunha idea revolucionaria em canto ao xeito de concibir o audiovisual". Sinalou tamén que non se trata de crear outro festival máis, senón de unir as forzas dos xa existentes. "Sobre todo, queremos incidir na xente nova que está a buscar novos enfoques para a súa creatividade".

Con respecto ás pautas para facer un produto audiovisual sen recursos, Benvenuto afirma: "non damos receitas, porque o noso non é un festival dogmático. Pero si hai algo que é fundamental: a creatividade, unha factura elaborada para un discurso claro, con ideas claras. E isso non ten que ver cos cartos: coas novas tecnoloxías e imaxinación, pode facerse todo. Logo a televisión está chea de produtos con moi mala factura e moitísimos cartos investidos.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil