PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Antonio
García Teixeiro
Escritor
Ser libreiro (ou libreira, claro)
 13.05.2008 | 11:35

Debo confesar que, entre as profesións que quixen desenvolver na miña vida, ser libreiro era unha delas. Estudar e ensinar filosofía, ser xornalista ou saber tocar o piano eran outras, mais agora non veñen ao caso.

Ser libreiro (ou libreira,claro) significa vivir entre libros. Ser libreiro significa gozar coa parte amable da vida. Significa arriscar, sufrir distintas incomprensións sociais,pero tamén ser feliz coa satisfacción de poñer un libro na nosa existencia. Ser libreiro significa poder ler neses momentos nos que non hai xente na libraría, perderte por aqueles volumes que te chaman en voz baixa, aconsellar o cliente/amigo sobre esas obras que liches e que, segundo o teu criterio, pagan a pena. Sentirte vivo entre tanta palabra escrita, entre tanto libro fascinante, tamén é ser libreiro. Ignorar literariamente aquelas obras que teñen caducidade inmediata pola súa calidade ínfima e que hai que vender porque unha libraría vén sendo, ademais, un negocio é ser libreiro ou libreira. Ser libreiro é soportar certas deslealdades, ir contra corrente nun mundo no que o libro non posúe o valor social que debería. Aguantar e calar, coa rabia contida, diante daquela persoa que che encarga un libro e di que lle fales en castelán porque non entende o galego (e ti sabes que non é certo), tamén é ser libreiro ou libreira. Poñer literatura galega nas mans das persoas, engaiolar un cativo cun libro enxeñoso é ser libreiro.

Ser libreiro (ou libreira, claro), en fin, é facer sentir que hai alguén que está a contar historias na orella dos demais.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río