PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
o Ibex-35 gaña outro punto porcentual
Segue a recuperación dos mercados financeiros

Redacción .  As Bolsas europeas seguiron nesta xornada coa súa recuperación animadas polos bos resultados procedentes de Wall Street. O Ibex-35 foi o indicador do vello continente que máis subiu ao gañar case sete décimas porcentuais.

Reloxo 09.02.2010 | 18:15

Bolsa de Madrid Bolsa de Madrid

Nesta sesión era Telefónica a que tiraba cara abaixo, xa que era o único dos tres grandes valores do Ibex-35 que rexistraba un retroceso, superior ás catro décimas porcentuais. A súas entidades bancarias, Santander e BBVA, experimentaban alzas que eran de máis dun punto porcentual para o banco vasco e de máis do 2,2 por cento para o cántabro.
En canto aos valores de orixe galega, tiñan un comportamento distinto, xa que mentres que Inditex recuperaba máis do 0,9 por cento, Endesa cedía máis de catro décimas porcentuais.
Resto de mercados
No referente aos restantes mercados continentais, o que máis se levaba era o de Londres que se anotaba máis de catro décimas porcentuais. Seguíalle o de Franckfurt que gañaba case un cuarto de punto, en tanto que o de París sumaba algo máis dunha décima.
A outra beira do Atlántico, o Dow Jones de Industriais sumaba máis do 1,4 por cento, mentres que o tecnolóxico Nasdaq anotábase máis do 0,9 por cento.
O prezo do petróleo tamén rexistraba un consistente recuperación e, nesta sesión, o barril do Mar do Norte, referencia europea, anotábase máis do 1,1 por cento, cotizándose por enriba do 70,8 dólares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río