PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Anuncia a recolocación dos traballadores
Sebastián confirma o peche de Garoña no 2013

Redacción .  O Goberno central acordou pechar a central nuclear de Garoña en 2013, dous anos despois de que culmine a vida útil da central de 500 megavatios. Ademais, anunciou a creación dun plan industrial para recolocar os traballadores da planta.

Reloxo 02.07.2009 | 20:08
TAGS: Sebastián , Garoña , nuclear ,

Miguel Sebastián, ministro de Industria, Turismo e Comercio Miguel Sebastián, ministro de Industria, Turismo e Comercio. MITC

"A decisión do Goberno é permitirlle á central nuclear seguir operando até o 2013, ano no que terá lugar o cesamento de actividade da planta", anunciou o ministro de Industria, Miguel Sebastián, nunha rolda de prensa na que tamén estaba presente o titular de Traballo, Celestino Corbacho.

A decisión do Executivo supón ampliar catro anos o permiso de operación da central nuclear burgalesa, que vencía este domingo, e que segundo o Executivo central produce máis residuos que o resto das centrais nucleares españolas. Miguel Sebastián pensa que o peche é unha decisión politicamente coherente e non pon en perigo a subministración enerxética estatal.

A decisión non agrada nin a traballadores nin a operadores da planta -Iberdrola e Endesa-, que pedían unha renovación de 10 anos. Tampouco satisface aos ecoloxistas, que esixen o peche inmediato.

A organización Greenpeace, que bloqueou a central en novembro ao considerar que non era segura, anunciou que recorrerá nos tribunais a decisión de "manter en funcionamento catro anos máis a vella, deteriorada e perigosa central nuclear de Garoña".

"Zapatero incumpriu de forma clara o seu compromiso electoral, programático e de investidura de abandonar a enerxía nuclear, e deu un gran paso atrás na consecución dun modelo enerxético sostíbel, baseado ao 100 por cento nas enerxías renovábeis e na eficiencia enerxética", asegurou Greenpeace nun comunicado.

Garoña era a primeira das sete centrais nucleares que debe renovar a súa licenza nos próximos dous anos e Zapatero prometera substituílas gradualmente, unha vez alcancen os 40 anos, por fontes de enerxía renovábel.

As outras sete centrais nucleares existentes en España non alcanzarán os 40 anos de vida até polo menos 2020, aínda que os permisos de operación de seis delas deberán revisarse no 2011, dentro do mandato do Goberno socialista.

 

Plan industrial

O ministro de Traballo anunciou tamén a creación dun plan industrial para substituír a actividade económica que Garoña xera na zona e ocupar os traballadores da central.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río