PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Pereiro, de 15 na xeral
Óscar Freire faise coa décimo cuarta etapa do Tour

Redacción .  O ciclista cántabro Óscar Freire (Rabobank) gañou a décimo cuarta etapa do Tour de Francia, na que se impuxo ao sprint ao colombiano Leonardo Duque (Cofidis) e ao alemán Erik Zabel (Milram).

Reloxo 19.07.2008 | 17:45

Óscar Freire Óscar Freire A décimo cuarta etapa do Tour, que percorreu 194,5 quilómetros entre as localidades francesas de Nimes e Digne-Lles-Bains, rematou liderada polo español Óscar Freire, que con esta vitoria colócase no posto 59 da táboa xeral. Malia non ter compañeiros para colocalo no sprint, Freire foi quen de atravesar a meta en primeiro lugar.

O ciclista do Columbia Team, Mark Cavendish, quedou descolgado e non puido facerse co seu quinto triunfo parcial no alto de cuarta categoría situado a dez quilómetros da meta.

Pereiro, de 15 na xeral

Óscar Pereiro entrou de 23 na meta e sitúase no posto décimo quinto da clasificación xeral, que unha xornada máis segue liderada polo ciclista do Silence Cadel Evans.

Mañá, os ciclistas partirán desde Embrun e entrarán en Italia ao coroar o alto de Agnell (2744 metros) antes de dirixirse cara á estación de esquí de Prato Nevoso (1440 metros), lugar no que finalizarán a etapa logo de percorrer 183 quilómetros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil