PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Con '0,7% Molotov'
Santiago Cortegoso, premio Rafael Dieste

Lara Rozados O galardón, convocado pola Deputación Provincial da Coruña co obxectivo de homenaxear o autor rianxeiro, está dotado con 6.500 euros. Amais, a obra premiada será producida e levada a distintos escenarios da provincia.

Reloxo 17.06.2009 | 13:12

Santiago Cortegoso en 'Crónicas de días enteiros, de noites enteiras' (de Factoría Teatro) Santiago Cortegoso en 'Crónicas de días enteiros, de noites enteiras' (de Factoría Teatro)

Ás 12.00 deste mércores, un xurado presidido polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e conformado pola responsábel da área de Cultura, Caridad González Cerviño, así como por Manuel García Areoso, Elina Luaces Ferreiro, Teresa Moure Pereiro, Alejandro Piñeiro e Xosé Enrique Rivadulla Conde, escollía 0,7 Molotov, de Santiago Cortegoso, como vencedora do XIV edición do premio de teatro Rafael Dieste, ao que se presentaron un total de 36 orixinais.

Santiago Cortegoso Malvar (Moaña, 1974) leva xa unha longa traxectoria sobre as táboas ou diante da cámara, como actor, pero comezou a escribir a partir do proxecto Dramaturxias da Actualidade, do CDG. Na Dramateca podemos atopar xa tres obras súas, Casa O'Rei. Traxicomedia gastronómica (2008), Visión nocturna (2007) e Hamster (2005), que foi seleccionada nos III Encontros de Magalia (Navas del Marqués, Ávila), e se está a montar para ser estreada en castelán no mes de outubro, na Sala Triángulo.

"Nunca gañara ningún premio. Estou moi sorprendido e contento", afirma Cortegoso, quen tamén sinala que comezou a escribir hai catro anos, a partir destes talleres de escrita do CDG. "Aprendín moitísimo neste tempo". Explica que 0,7% Molotov aborda, con "escepticismo", cuestións coma o "compromiso político e a solidariedade". "Fala sobre a inxustiza con moito sentido da ironía, xogando co humor sobre temas moi duros".

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río