PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A partir do luns
Santiago celebrará o Día do Orgullo Gay

Redacción .  Compostela festexará o Día do Orgullo Lesbiano, Gay, bisexual e transexual cun programa de actos que inclúe cine, mostra fotográfica e comida ao aire libre, todo centrado na homosexualidade feminina.

Reloxo 15.06.2008 | 09:20
TAGS: Santiago , Gay , Orgullo ,

A cidade de Santiago de Compostela celebrará a partir deste luns e ata o 28 deste mes o Día do Orgullo Lesbiano, Gay, bisexual e transexual (LGBT) cun ciclo de cinema, unha mostra fotográfica e unha comida ao aire libre, todo iso centrado na homosexualidade feminina.

A presidenta da federación de asociacións de LGBT de Galiza 'Aturuxo', Lucía Vázquez, presentou o programa para este ano acompañada do director xeral de Xuventude de Vicepresidencia, Rubén Cela, e da concelleira de Cultura compostelana, Socorro García. Xunta de Galicia e administración local colaboran nestas actividades.

A responsable da asociación sinalou que as actividades estarán dedicadas á "visibilidade lésbica" porque, argumentou, é necesario dar a coñecer esta tendencia sexual á cidadanía para evitar "discriminación". Asegurou que actitudes desta índole son produto do "descoñecemento" e por iso os galegos dificilmente recoñecen dez nomes de mulleres abertamente homosexuais ou bisexuais.

Rubén Cela vinculou a participación da Xunta nesta actividade coa "obriga política" por garantir os "dereitos fundamentais" dos cidadáns e, especialmente, os dos galegos. "É o primeiro paso -eventos destas características- para unha verdadeira relación en pé de igualdade", asegurou o alto cargo de Vicepresidencia.

Nesta liña, Socorro García subliñou que a participación da administración local constitúe un "apoio social", aínda que "sexa un paso pequeno", para superar "as barreiras que impón a sociedade". Resaltou que este evento "sociocultural" cumpre cos "compromisos" adquiridos polo ex concelleiro de Cultura, o nacionalista Néstor Rego, e contribúe a "ensinar" á cidadanía a realidade destes colectivos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río