PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
ORGANIZADO POR USC, CESGA E CETA
Santiago acolle un congreso internacional sobre o ensino na rede

Europa Press Entre os días 3 e 5 de setembro a capital de Galiza será o escenario da IX edición do Congreso Internacional Edutec 2008 que, baixo o lema 'As TIC, ponte entre culturas; Iberoamérica e Europa' pretende resaltar as 'posibilidades' das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para promover o traballo en rede e construír unha sociedade do coñecemento 'participativa'.

Reloxo 12.05.2008 | 10:40
TAGS: CESGA , USC , ensino , internet ,

Este evento científico está organizado polo grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da USC e a área de e-Learning do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e nel colabora o Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA).

Ademais, a participación combinará dous niveis, o presencial e o virtual, e os congresistas poderán elixir o seu modo de asistencia, posto que o congreso disporá dun ámbito en rede no que todos os participantes estarán inscritos.

A Asociación para o Desenvolvemento da Tecnoloxía Educativa e das novas tecnoloxías aplicadas á educación (Edutec) conta con presenza en máis de 20 universidades españolas e de Iberoamérica dende hai máis dunha década; e o prazo de presentación de pósteres e comunicacións estará aberto ata o 30 de xuño.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil