PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
INICIATIVA DO IGAPE
Santiago acolle o III Día Galego do Emprendedor

Europa Press O III Día Galego do Emprendedor celebrarase hoxe en Santiago de Compostela baixo o lema 'A túa idea, a túa empresa' para proporcionarlles aos emprendedores galegos pautas para converter un proxecto nunha realidade e animalo a crear a súa propia compañía.

Reloxo 15.05.2008 | 10:42

Juan Manchón, un dos cofundadores de Panoramio, é relator no Día Galego do Emprendedor Juan Manchón, un dos cofundadores de Panoramio, é relator no Día Galego do Emprendedor Esta iniciativa, impulsada polo Igape e BIC Galicia, forma parte da campaña 'Emprendemos Xuntos' do Ministerio de Industria e reunirá empresarios, técnicos de desenvolvemento local, emprendedores e estudantes procedentes de toda Galicia.

Durante o encontro un nutrido grupo de expertos en diferentes ámbitos animarán, en particular aos máis novos, a que se lancen á creación dunha empresa, como unha oportunidade de emprego e tamén como unha vía para contribuír ao crecemento económico e social da propia comunidade.

A xornada divídese en varios itinerarios e cada un engloba diferentes temáticas. En xeral preséntanse as principais claves para emprender e prestarase unha especial atención á situación actual e aos restos de futuro do desenvolvemento local, ao tempo que se analizarán as competencias profesionais que deben desenvolver os técnicos en creación de empresas.

No ámbito dos proxectos tecnolóxicos varios expertos tratarán algunhas cuestións que o emprendedor debe valorar antes de poñer en marcha unha iniciativa empresarial de base tecnolóxica. Así, explicarán como saber se unha tecnoloxía interesa ao mercado e se se poderá desenvolver a tempo, como se pode protexer, se hai alternativas á creación da empresa ou como poden os xeradores de coñecemento obter un retorno da inversión sen afogar a futura compañía.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil