PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Xa van tres en León no que vai de ano
Sanidade investiga un caso de Creutzfeld-Jacobs

Redacción .  A consellaría de Sanidade da Xunta de Castela e León investiga se unha muller leonesa, duns 60 anos de idade, puido morrer a consecuencia da enfermidade de Creutzfeld-Jacobs, a variante en humanos da encefalopatía esponxiforme, coñecida como 'mal das vacas tolas'. Segundo fontes próximas á falecida, o seu fillo morrera o pasado mes de febreiro por esta causa.

Reloxo 27.08.2008 | 11:50

Granxa de vacas Granxa de vacas

A muller faleceu a semana pasada no Hospital de León, onde estivo ingresada varios días. Ao morrer fíxoselle unha necropsia e recolléronse as mostras precisas para realizar unha análise post mortem no laboratorio do Hospital de Alarcón, en Madrid, de referencia para estes casos. Previamente, o centro sanitario leonés notificara a situación ao Instituto de Saúde Carlos III da capital de España, que se encarga dos seguimentos.

A sospeita de que a muller puidera sufrir a afección da variante humana da encefalopatía esponxiforme, que pode transmitirse por consumo de carne de animais infectados e que chega a tardar até dez anos en manifestarse, levou aos facultativos do Hospital de León a informar ao centro de seguimento, que ordenou a realización da necropsia.

Fontes próximas á falecida desvelaron que a muller morrera a consecuencia da doenza de Creutzfeld-Jacobs e que perdera un fillo o pasado mes de febreiro por mor da mesma patoloxía. Son xa tres as persoas que perderon a vida en León a causa desta afección.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil