Redacción . A illa de San Simón acolle esta fin de semana unhas xornadas de homenaxe aos galegos que tiveron emigrar tras o golpe franquista de 1936 nun encontro centrado especialmente na figura e o papel da muller galega no exilio.
Paseo dos buxos, na Illa de San Simón. Flickr: Xoán Porto
Nun acto organizado pola Consellaría de Cultura, San Simón acollerá hoxe a partir das 12.00 horas a exiliados e familiares que relatarán as súas experiencias no exilio en calidade de testemuños históricos.
Durante as charlas que se desenvolverán ao longo da xornada, os asistentes poderán escoitar ademais o testemuño do escritor Xosé Neira Vilas, que falará sobre a súa experiencia como emigrante tras a sublevación militar do 36.
Estas xornadas están especialmente centradas no papel da muller no exilio mediante o ciclo de charlas, que se desenvolverán durante todo o fin de semana, ‘Mulleres con memoria. Exilios femininos', enmarcado no programa da Xunta ‘Mulleres e memoria'.