PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Conselleiro de Medio Rural
Samuel Juárez: 'Hai explotacións gandeiras que deben pechar'

Redacción .  O novo conselleiro de Medio Rural detallou nunha entrevista algunhas das liñas de goberno do seu departamento. Juárez non ve prioritario o grupo lácteo galego e pensa que o peche de granxas 'beneficiaría o conxunto'.

Reloxo 28.04.2009 | 14:11

Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural. Xoán Crespo, Ana Varela e Conchi Paz

Nunha entrevista publicada polo Faro de Vigo, Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural, considera que “existen explotacións en Galicia ás que non lles queda outra saída que pechar ou que igual queren saír do sector porque hai un relevo xeracional. A súa saída pode beneficiar o conxunto”.

O responsábel do agro galego opina que “hai moita xente no sector que pensa que os plans de abandono deberían continuar. O Ministerio [de Medio Rural] interrompeunos porque considera que xa pecharon suficientes explotacións. Non facilitar o abandono non parece moi intelixente, pero analizarémolo nos próximos días”.

O conselleiro do PP indicou tamén ter dúbidas “sobre o feito de que sexa relevante que as industrias sexan de titularidade galega ou non. As industrias non son entidades benéficas, e o grupo lácteo ten que nacer da iniciativa privada. Se xorde unha iniciativa viábel terá o apoio da Xunta”.

Vilma Cabodevila, nova secretaria de Medio Rural da Executiva do PSdeG, criticou as declaracións do conselleiro, xa que “hai tan só 15 anos había 60.000 explotacións leiteiras en Galiza, mentres que a día de hoxe o número é de 13.000. O sector xa está reestruturado”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río