PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
O Festival Internacional de Videocreación do Condado
Rubén Coca estrea 'Mínimo común múltiplo 2.0' en MIVICO 08

Redacción .  O Festival Internacional de Videocreación do Condado, MIVICO 08, que se celebrará en Ponteareas do 3 ao 5 de outubro, inaugura a súa segunda edición coa estrea do último traballo do director Rubén Coca 'Mínimo común múltiplo 2.0.'

Reloxo 11.09.2008 | 14:05

Rubén Coca Rubén Coca A curtametraxe (sexta da filmografía do director ferrolán) narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense.

Mínimo común múltiplo 2.0, que foi rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández e Tomás Romero, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director “é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolvido todo nunha atmosfera de misterio e de suspense”.

Coa estrea da película ábrese o programa de actividades do MIVICO 08, que se desenvolverá até o domingo 5 de outubro en Ponteareas. Durante o festival pasaranse na sección oficial traballos independente e celebraranse varios concertos a cargo de bandas emerxentes da escena internacional.

Desta vez o espazo de proxección móvese ao Centro Cultural Sportivo. O número de traballos recibidos para participar no MIVICO 08 triplicou os do ano pasado. O festival dá así un paso máis no seu propósito de consolidarse no calendario audiovisual galego como escaparate das propostas audiovisuais máis independentes da escena actual.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río