PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Medio do Celta cedido ao Leixões
Roberto da Souza xa é español

Redacción .  O mediocentro Roberto da Souza xa ten a nacionalidade española. O xogador está actualmente cedido no Leixões mais os seus dereitos perténcenlle ao Celta.

Reloxo 01.12.2008 | 18:06

Roberto da Souza no momento da nacionalización Roberto da Souza no momento da nacionalización. RCC

Roberto da Souza Rezende (Goiánia, 1 de xaneiro do 1985) chegou a Galiza no verán do 2005 tras participar o medio no mundial sub20. O Celta fichárao por decisión técnica do entón director deportivo do club, Félix Carnero, o seu gran valedor en Vigo. O prezo polo que o vendeu o Guaraní de Campinas (São Paulo) é un segredo.

Roberto nunca tivo gran sorte no club celeste. Na tempada 2006-2007 encontrouse con que non tiña lugar no equipo e marchou cedido para o Salamanca, onde fixo unha gran campaña e gañou amizade con outro cedido polo Celta, Carlos Vela, hoxe xogador do Arsenal,

Na campaña seguinte volveu ser cedido, tamén acompañando outro ex céltico, Petar Zanev. Canda o búlgaro foi case sempre titular pero non logrou evitar o descenso dos verdes.

Este verán parecía que o seu lugar estaba novamente nunha cesión. A enorme cantidade de xogadores na súa posición e a súa condición de extracomunitario obrigouno de novo a buscar equipo. O Celta pensou primeiro en emprestarllo a un club brasileiro e soaron o Atlético Mineiro e o Atlético Paranaense como destinos.

Mais Roberto quería xogar nun equipo europeo. O Celta pensou entón en que formase parte dun conxunto español para que non perdese a antigüidade que lle daba dereito a reclamar a nacionalidade. Finalmente, acabou asinando por un equipo a só a unha hora en coche da fronteira galego-portuguesa, o Leixões. Deste xeito, o mediocampista podía seguir morando en Galiza.

En Matosinhos (cidade do Leixões) Roberto é xa un ídolo. Non é para menos. O brasileiro é un dos titulares indiscutíbeis do equipo que comanda con pulso firme a primeira división lusitana. Despois de dez partidos, os branquivermellos son líderes con 23 puntos. O Benfica é segundo con 21 e o Spórting de Portugal, terceiro con 19.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río