PUBLICIDADE
Mércores, 14 de maio de 2008
Diferentes sectores debaten de política forestal
Reflexións sobre o futuro do monte

Bocixa/ Raquel Rey A Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Galicia (Fearmaga) e o Clúster da Madeira de Galicia, coa colaboración da Consellaría de Medio Rural reuniu uns 40 axentes relacionados con diferentes ámbitos do monte galego para reflexionar sobre a súa situación e buscar melloras.

 08.05.2008 | 07:43

monte galego

Unhas 40 persoas vinculadas co sector forestal de Galicia destacaron a necesidade dunha política forestal "clara", así como o fomento da especialización dos traballadores do monte, como unhas das conclusións verquidas tras a celebración a finais do pasado mes de febreiro dunha xornada de análise en Santiago de Compostela, 'baixo o lema de 'O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo''.

A iniciativa, que estaba promovida pola Asociación Galega Monte Industria, a Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Galicia (Fearmaga) e o Clúster da Madera de Galicia, coa colaboración da Consellería de Medio Rural; reuniu uns 40 axentes relacionados con diferentes ámbitos do monte galego.

Así, o director da Asociación Galega Monte Industria, Xan Picos, explicou que a iniciativa aspiraba a ser un especio de "reflexión" con diferentes dinámicas nas que os asistentes intercambiaron as súas opinións e ideas para chegar a uns consensos "básicos", cunha "alta" sensibilidade e preocupación por achegar claves de mellora.

Pola súa banda, un dos representantes dos axentes, Bruno del Llano, desvelou que a reflexións alcanzadas nas mesas de debate céntranse en reivindicar unha política forestal "clara", así como fomentar a especialización dos traballadores do monte; agrupar os propietarios; impulsar un concentración forestal e propoñer a Lei de Montes como unha "prioridade" consensuada co sector, entre outras claves.

Á hora de analizar as debilidades do sector destacouse que o rural galego está nunha situación de abandono debido á despoboación, a existencia do minifundismo en canto á propiedade forestal, á "falta" de man de obra e que existe unha cultura forestal "pobre".

Pola contra, como fortalezas do monte en Galicia hai que subliñar a "alta" produtividade e a multifuncionalidade, así como a existencia dun tecido industrial forte e do "alto" potencial en políticas de I+D+i.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil