PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Manifestación en Buenos Aires
Rebelión na Arxentina contra os chistes de 'gallegos'

Débora Campos 'A reencarnación existe: xa que ninguén pode ser tan idiota como un galego nunha soa vida'. Ese é so un dos moitos contos humorísticos que foron publicados no libro Super chistes galegos contra o que este luns protestará a colectividade galega en Bos Aires.

Reloxo 13.05.2008 | 07:44

Un chiste de 'gallegos' Un chiste de 'gallegos'

A colectividade galega de Bos Aires, motorizada polos seus integrantes máis novos, repudia –no derradeiro día da 34º Feira do Libro– a edición do volume Super chistes galegos, do autor Pepe Muleiro. A manifestación será diante da editorial Sudamericana que vén publicando dende hai anos libros con contos humillantes e aldraxantes para os galegos e as galegas.

"A reencarnación existe: xa que ninguén pode ser tan idiota como un galego nunha soa vida". "Que é un burro cun galego arriba? Un burro de dous pisos". "Por que non se pode chamar lixo a un galego? Porque hai veces que a xente tira cousas que cheiran ben". "Se estas nun cuarto con Hitler, Osama Ben Laden e un galego e tes unha pistola con dúas balas, a quen lle disparas? Ao galego dúas veces para non correr riscos". Segundo denunciou o arquitecto e gaiteiro Gaston Lucas Quiroga eses son algúns dos "chistes" que contén o libro asinado por Pepe Muleiro que non é outra cousa que un nome inventado xa que o autor se chama Ricardo Parrotta.

O propio Quiroga, responsábel de Comunicación do BNG arxentino, abriu un expediente ante o Instituto Nacional contra a Discriminación, a Xenofobia e o Racismo (INADI) para que o organismo que loita contra a discriminación actúe contra a editorial e contra o autor.

"Os chistes de galegos nunca me resultaron graciosos, pero nesta ocasión creo que xa –mais que contos– son agresións", declarou Quiroga que, xunto co presidente da Sociedade Hijos de Arantey y Centro Villamaría Perojano, Gastón Juan, son os organizadores da manifestación que terá lugar o 12 de maio ás 20 diante do stand que a editorial Sudamericana ten na 34º Feira Internacional do Libro de Bos Aires.

Todos os integrantes da colectividade foron convocados para levar alí o seu rexeitamento ao libro, ao autor, á editorial e á discriminación que exhibe sen pudores. "Repartiremos volantes deixando en claro a nosa posición contraria a este libro", adiantou Quiroga.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil