PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Financiamento autonómico
Quintana quere que se territorialice o Imposto de Sociedades

Redacción .  O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, considera que cómpre territorializar o Imposto de Sociedades para que Galiza conte cos tributos das empresas que operan no país e que teñen sede fiscal en Madrid.

Reloxo 19.07.2008 | 13:42

Anxo Quintana Anxo Quintana. BNG

Nestes últimos días, o vicepresidente da Xunta e líder do BNG, Anxo Quintana, asegurou que Galiza non acadaría suficiencia financeira cunha cesión do IRPF, o IVE e os Impostos Especiais inferior ao 85 por cento. O nacionalista aposta por unha “negociación bilateral” co Estado.

“A Galiza non lle vale o mesmo resultado que a Catalunya", advertiu, xa que considera que a dúas realidades distintas non se lles pode aplicar a mesma solución. Para o vicepresidente da Xunta a proposta de Pedro Solbes de cederlle a cada comunidade o 50 por cento do IVE, do IRPF e dos Impostos Especiais é “insuficiente”.

Recentemente, o líder do BNG apostou por que Galiza conte cos tributos das empresas que operan aquí pero que teñen sede fiscal en Madrid a través dunha "nova xestión do Imposto de Sociedades".

Consenso das tres forzas

Pola outra banda, o portavoz nacional do BNG apelou hoxe ao "consenso" das tres forzas políticas galegas para lograr un modelo de financiamento "xusto" se Galiza "é capaz" de conseguir "unha proposta de país".

"O modelo de financiamento autonómico que agora nos propón non é xusto nin é suficiente para Galiza polo que reclamou de novo o consenso político "nun tema tan importante para Galiza".

Neste sentido, comentou que, de haber consenso, sería o terceiro "grande acordo" que conseguirían as forzas representadas no Parlamento, do mesmo xeito que se fixo na reclamación do AVE e na transferencia das competencias de tráfico.

"Todas as forzas políticas fomos críticas co modelo de Solbes. Ninguén entendería que non fósemos capaces de consensuar unha posición conxunta ante Madrid", insistiu o líder do BNG.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil