Redacción . O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, considerou a vitoria coma o triunfo da 'política con ideas, a política ao servizo da xente'. Segundo declarou, este resultado electoral demostra que 'pelexar pola utopía' paga a pena e, por outra banda, debe valer como 'ensinanza de que o fundamental é ter confianza nas propias forzas'.
Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza que, dende o seu punto de vista, “precisa ter confianza en si mesmas, nos seus recursos e na súa xente”, sobre todo na situación actual, para facerse un oco en Europa e no Mundo. “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”, dixo facendo referencia ao slogan de campaña do candidato demócrata. O vicepresidente do Goberno galego apuntou tamén, nun acto en Vila de Cruces, que a presenza de Obama na Casa Branca abre un período de ilusión que agora haberá que converter en realidade, pero lembrou que, en calquera caso, o novo presidente merece unha marxe de confianza e apoio. Para Quintana, a nova política programada por Obama é máis que un novo goberno e preséntase como “un cambio de estruturas”, algo “moi importante para os Estados Unidos e, polo tanto, para o conxunto da humanidade”.
Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia.
Descargar Tarifas