Manuel Vilas . O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, advertiu esta mañá que 'é evidente que estamos nun momento de crise económica'. Neste intre de recesión, Anxo Quintana reclámalle ao presidente Touriño apoio para que Galiza poida negociar o financiamento autonómico co Estado de igual a igual, como xa fai Catalunya.
Touriño non quere a Reforma Quintana adianta que o xoves reunirase con PSdeG e PPdeG na busca dun “acordo unánime” para reformar a Comisión de Transferencias, hipótese até o de agora rexeitada por Touriño. Sobre a negativa da ministra de Administracións Públicas, Helena Salgado, a abrir a negociación de novos traspasos, o voceiro nacional do Bloque non se dá por vencido. “O que agora é un non rotundo, mañá será un ‘quizais’ e finalmente un ‘si’”, apostou Quintana. Apoio con matices ao conselleiro de Economía O vicepresidente dixo compartir as bases fundamentais da proposta que levará o conselleiro de Economía, o socialista Xosé Ramón Fernández Antonio, á negociación con Madrid sobre financiamento autonómico. Tamén indicou que está “plenamente de acordo” co líder socialista Emilio Pérez Touriño en non “enturbar” as relacións con Madrid pola reforma da Comisión. Con todo insistiu en que “a prioridade é mellorar o autogoberno”.
Anxo Quintana. BNG
O líder do BNG argumenta que “os galegos paganlle ao Estado máis impostos do que o Estado gasta nas transferencias” e que “non é certo que vivamos da caridade do Estado”. Por iso pide que na inminente revisión da distribución dos cartos públicos entre autonomías, Galiza negocie entre iguais coa administración central.