PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
'Son unha lectura fraudulenta do país'
Quintana denuncia as actitudes monolingüistas

Redacción .  O portavoz do BNG asegura no seu blog que detrás da 'defensa do bilingüismo' está a vontade de facer de Galiza 'unha sociedade monolingüe en castelán' o que cualifica como 'unha sorte de suicidio do país'.

Reloxo 17.05.2008 | 15:12

Quintana, na inauguración dun centro na Coruña Quintana, na inauguración dun centro na Coruña. AGN O voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, alerta de que tras a defensa do bilingüismo hai "unha vontade de facer de Galiza unha sociedade monolingüe en castelán" e, pola contra, tras a defensa do bilingüismo reivindica o "consenso social" en favor do galego como "lingua propia" da comunidade.

Coincidindo coa celebración hoxe do Día das Letras Galegas, Quintana publica un novo artigo no seu blog (www.falaconquin.com) no que fai unha homenaxe á lingua galega e invita a darlle "unha longa vida e futuro". Tamén enxalza a figura do poeta, editor e arqueólogo Xosé María Álvarez Blázquez, autor recoñecido este ano pola Real Academia Galega.

No seu texto, o voceiro nacional do BNG sinala que "hai voces interesadas en cuestionar o modelo -lingüístico- consensuado, creando un imaxinario de imposición do galego e de privación das liberdades lingüísticas". Ao respecto, opina que esta é "unha lectura fraudulenta da realidade" que esconde unha preferencia por unha sociedade galega monolingüe en castelán, o que ve como "unha sorte de suicidio do noso país" pola privación dun sinal de identidade.

Quintana aproveita para resaltar que "indiscutiblemente" a lingua galega é un patrimonio "doadamente accesible" para "unha maioría dos cidadáns" de Galiza. Defende, así mesmo, que "sobre a base da recepción positiva e das doadas condicións de accesibilidade á nosa lingua se asenta un amplo consenso social para afianzar no noso país unha cultura lingüística que afirma o galego como lingua propia de Galiza, oficial á par que o castelán".

Opina que sostendo "accións positivas" para a normalización do galego e facendo que supere a "situación de desvantaxe" fronte ao castelán, pódese crear "condicións efectivas de liberdade cultural e lingüística, garantindo as maiores posibilidades para optar polo uso da lingua propia en todos os planos da vida social".

O voceiro nacional do BNG asegura que as estratexias coas que se quere "garantir o futuro" á lingua galega se basean "no convencemento, na argumentación e, mesmo, na sedución".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil