PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
A defender a lingua o 18 de outubro
'Queremos galego' chama os votantes do PP

Redacción .  Esta maña tivo lugar en Compostela o primeiro dos actos públicos da plataforma cívica Queremos galego, nada en xullo a partir dun proceso de debate e reflexión para articular unha resposta social fronte ás medidas que o goberno da Xunta está a impulsar contra a cultura de Galiza. A plataforma avanzou que manteñen 'conversas' co PSdeG e as organizacións sindicais para animarlles a participar na manifestación 'en defensa do idioma' que se celebrará en Santiago o próximo 18 de outubro, e invitaron 'aos votantes do PP' a unirse ao 'desacordo co ataque á lingua'.

Reloxo 18.09.2009 | 13:55

Presentación da plataforma 'Queremos Galego' Presentación da plataforma 'Queremos Galego'. QG Esquerda   1 / 2  Dereita  

No marco do seu primeiro acto público como plataforma ante a sociedade galega, un dos seus portavoces e impulsores, Fran Rei, recordou que, ademais da manifestación convocada, impulsarán unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para esixir que se garanta a “protección dos dereitos lingüísticos” dos cidadáns, que presentarán a próxima semana na Mesa da Cámara galega.

“A ILP axustarase aos prazos da Lei que a regula, e levaremos a cabo a súa presentación, como comisión promotora, a próxima semana na Mesa do Parlamento, que terá un mes para responder sobre a aceptación a trámite de devandita iniciativa”, explicou.

Posteriormente, a xunta electoral central encargarase de comunicar devandita aceptación e empezará o proceso de censos electorais, modelos oficiais de pregos e a recollida de "un mínimo de 15.000" firmas (entre novembro deste ano e febreiro de 2010) que serán necesarias para que a ILP "poida pasar a debaterse no Parlamento".

"Non se pide a lúa, nin se piden imposíbeis, só que se cumpra a lexislación vixente" en materia de normalización lingüística, como o Plan Xeral de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía.

"Dirixirse aos votantes do PP"

Pola súa banda, outro dos portavoces oficiais da plataforma, Xurxo Souto, fixo un chamamento "aos votantes do PP" para que apoien esta iniciativa e "que estean en desacordo co ataque á lingua" da actual Xunta.

Así mesmo, avogou por "recuperar o pulso" e "o poder da palabra" por parte da mocidade que, a pesar de ser "os que máis valoran a lingua", son o colectivo "no que se perden máis falantes". "Eles poden dar ese paso adiante", asegurou.

Por iso, incidiu en abandonar "o deixamento dos Gobernos" respecto ao idioma e promover "a riqueza da diversidade". "Xa que logo, queremos galego", concluíu.

Promoción 'en toda a xeografía'

A plataforma 'Queremos Galego' continúa realizando un proceso de adhesións e de promoción "a través de 19 comarcas" de Galiza, mediante unha serie de portavoces "que exerzan ese papel de cara á sociedade". "Temos cobertura por toda a xeografía galega", afirmou Fran Rei.

Entre os presentes no acto de presentación en sociedade da plataforma cívica, que portaban pancartas co logotipo Queremos Galego, atopábanse o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao; o deputado do BNG Bieito Lobeira; ou a portavoz de Galiza Nova, Iria Aboi, entre outros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río