PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Primeiras reunións directivas tras os comicios
PSdeG e BNG analizan o resultado das europeas

Europa Press As direccións do PSdeG e BNG analizan hoxe os resultados das recentes eleccións europeas en sendas reunións que terán lugar en Santiago de Compostela e Teo, respectivamente.

Reloxo 04.07.2009 | 09:18

Este sábado os socialistas teñen Comité Nacional Galego e os nacionalistas Consello Nacional, os primeiros tras os resultados dos comicios do 7 de xuño. Ademais, no caso do BNG, servirá para que o seu máximo órgano de decisión entre asembleas, o Consello, se constitúa formalmente tras a celebración do seu conclave extraordinario.

Coas direccións renovadas tras a perda do goberno da Xunta, socialistas e nacionalistas abordarán os comicios europeos, nos que o PSdeG foi a segunda forza máis votada en Galiza e resistiu "mellor" que o PSOE estatal, en palabras do seu líder, Manuel Vázquez. Pola súa banda, o BNG sufriu un importante retroceso e baixou do limiar do 10 por cento de votantes.

Ademais, o PSdeG tamén abrirá hoxe o proceso para a elección dos secretarios provinciais, nuns congresos que se celebrarán a partir de setembro.

Día da Patria e Consello

Polo súa banda, os nacionalistas levan na súa orde do día os preparativos dos actos que se realizarán con motivo do Día da Patria, o próximo 25 de xullo.

A maiores, a máis alta dirección do Bloque quedará constituída cun 44,4 por cento de representantes procedentes da lista ‘Alternativa pola Unidade’ e un 35,89 por cento da impulsada polo voceiro parlamentario, Carlos Aymerich.

En total, nos procesos comarcais que se iniciaron o pasado 15 deste mes para completar a configuración do consello Nacional, a lista que levou a Guillerme Vázquez á Portavocía do Bloque conseguiu un total de 27 representantes, que se suman aos 23 logrados na asemblea extraordinaria do 10 de maio. Deste xeito, contará con 50 representantes, un 44,4 por certo do total, fronte ao 45,3 que representaba a noite do conclave.

Pola súa banda, 'Máis BNG'  sumou un total de 24 representantes para o consello Nacional, que se engaden aos 18 que xa tiñan un posto reservado neste órgano. Con estes datos, será a segunda corrente máis numerosa co 35,9 por cento da dirección nacionalista, fronte ao 36,8 por cento do domingo 10 de maio.

A maiores, o Consello Nacional, que contará con 117 membros dos que 55 se elixiron nas comarcais, contará con 13 membros do Encontro Irmandiño, que logrou catro representantes nas comarcais; e con dous de Movemento Galego ao Socialismo, que son os mesmos do domingo 10 de maio.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río