PUBLICIDADE
Xoves, 15 de maio de 2008
Os nacionalistas controlan tres concellarías
PSdeG e Bloque pactan o goberno de Mos

Redacción .  Despois de dez meses de goberno en solitario da socialista María Xesús Escudero co apoio do Bloque, os nacionalistas entran na corporación. Faranse cargo de tres concellarías.

 26.03.2008 | 12:13

Pasadas as eleccións xerais, o PSOE e o BNG de Mos alcanzaron un principio de acordo de goberno e os nacionalistas incorporaranse ao executivo que preside a socialista María Xesús Escudero. O pacto implica un reparto de áreas municipais, pero aínda está pendente estabelecer a dotación de orzamentos e persoal que terán as concellarías do BNG. Os nacionalistas asumirán tres áreas: Cultura, Festas e Animación cultural; Vías e Obras e Parques e Xardíns; e Medio Ambiente e Xuventude. 

Cando comezou o mandato das actuais corporacións municipais, socialistas e nacionalistas acordaron que naqueles concellos nos que a suma das dúas forzas representase a maioría absoluta, sería designado alcalde a cabeza da lista da forza asinante do pacto con máis votos. Así aconteceu en Mos, onde Escudero conseguiu o apoio do BNG e impúxose ao PP. Con todo, os nacionalistas non se incorporaron ao goberno ao non alcanzar un acordo cos socialistas. Durante os dez meses nos que María Xesús Escudero gobernou en solitario, a posibilidade do pacto estivo na mente das dúas forzas políticas. De feito, unha das principais diferenzas que impediu a aprobación dos orzamentos municipais foron as partidas destinadas aos departamentos que eventualmente ían gobernar os nacionalistas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil