Bocixa/ Raquel Rey . Os veciños e veciñas opoñense á variante interior proxectada polo departamento que dirixe Maria Xosé Caride
Protestas dos veciños de Noia. Bocixa e Raquel Rey
Por sexta vez, a Plataforma Noia Unida Pola Ponte e a Defensa do Patrimonio Rural, concentrouse diante dos edificios da Xunta para que a Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte considere as 3.000 alegacións que levan presentadas ao proxecto do trazado da variante interior. Según o portavoz, Xulio Gostelo, vense seriamente perxudicados 22 nucleos de poboación e moitas vivendas quedarían ao carón do viaduto e dos seus enlaces. Tamén asegurou que os niveis de afección quedan no aire e sen concretar medidas reais. A Plataforma pide que se escoiten os seus argumentos xa que até o momento non recibiron contestación ningunha ás súas reivindicacións.