PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Carlos
Aymerich
Voceiro parlamentario do BNG
Progresismo
 07.07.2008 | 12:30

A semana pasada, no inicio da precampaña electoral da sucursal galega do PSOE, Touriño acendía o auditorio cun aceso discurso progresista: “Non me interesan os megavatios. O que me preocupa desde hai meses (sic) é esa muller que onte perdeu o seu emprego”. Alén da pregunta, obvia, que muitos nos fixemos ao escoitar o presidente (e se o sabía desde hai meses, porque non evitou que a coitada da muller perdese o traballo?) contrasta esta profesión de fe progresista co feito de que até esa mesma semana a Consellaría de Economía mantivese nunha web o argumento, xa empregado polo PP, dos baixos salarios como incentivo para o investimento en Galiza. Só após a denuncia do BNG esta referencia foi retirada. Progresismo.

O gobernador do Banco de España, en liña coas directrices do seu superior Trichet, indica que os salarios non poden subir ao ritmo da inflación e volve anunciar a insustentabilidade do sistema de pensións, ao tempo que aconsella reducir o gasto público, nomeadamente o social. Este militante socialista, responsábel da supervisión dos mercados financeiros, non formulou autocrítica ningunha pola súa responsabilidade no sobre-endebedamento das familias ou por non informar da gravidade da crise antes das eleccións. Tratábase de non influír na escolla do electorado, non vaia ser que voten sabendo o que lles convén. Progresista, moi progresista.

Mais, de que sorprenderse se para o presidente do goberno español a Directiva “Retorno” é unha medida progresista! Como a xornada laboral de 65 horas ou a privatización de RENFE ou AENA. Dese seu progresismo que me borren. Abóndame con ser nacionalista. Nacionalista galego.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil