PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Para catro dos detidos en Ferrol
Prisión sen fianza por vender vieira tóxica

Redacción .  O xuíz decretou prisións en fianza para catro dos seis mariscadores imputados no caso das vieiras contaminadas. O resto dos detidos, unha restauradora e o responsábel dunha empresa de comercialización, quedaron en liberdade con cargos.

Reloxo 09.09.2008 | 08:18

O xuíz que instrúe as dilixencias no Xulgado número 3 de Ferrol pola suposta trama de extracción e compra-venda de vieira contaminada por toxina ASP ditou auto de prisión sen fianza para catro dos seus mariscadores imputados, mentres que dous foron postos en liberdade con cargos.

O resto dos detidos, unha restauradora e o responsábel legal dunha empresa distribuidora, quedaron en liberade sen fianza, con cargos por presunto delito contra a saúde pública e coa obriga de comparecer ante o xuíz.

Fontes do Ministerio Fiscal confirmaron a Europa Press que as investigacións e o proceso continúa aberto e que non se descartan novas imputacións, xa que se están a analizar vieiras comercializadas noutros establecementos de Galiza.

Inicio das pesquisas

As investigacións iniciáronse hai dous meses nun proceso que concluíu o pasado venres, cunha intervención policial directa no momento no que a restauradora detida adquiría a mercadoría, no seu restaurante, a un dos mariscadores implicados na trama.

Segundo o Fiscal do caso, a restauradora colaborou despois coa xustiza e admitiu que até en tres ocasións adquirira produto por esta vía, aínda que argumentou que habitualmente a vieira que cociñaba procedía de Irlanda, a través dun provedor con sede en Ourense.

Todo parece indicar que os mariscadores de Ferrol, Narón e Valdoviño, tamén vendían a vieira contaminada, extraída da ría de Ferrol furtivamente, á comercializadora implicada, onde a Garda Civil topou até 3.800 quilos de molusco, camuflado en palés entre o resto da mercadoría. O seu representante legal negou ante o Xuíz os feitos.

No canto aos mariscadores detidos, a Fiscalía asegura que actuaban de xeito organizado, dispoñendo de vehículos lanzadeira para o transporte da mercadoría. Catro deles contan con numerosas detencións previas.

Efectos da toxina

A toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. A única vieira de orixe galego que pode comercializarse é a que se somete a un proceso de evisceración (eliminación do hepatopáncreas) nun centro autorizado pola Xunta de Galicia. A día de hoxe, non hai ningún plan de explotación autorizado para a extracción de vieira.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río