Redacción . O Museo de Pontevedra acolleu onte a presentación do libro 'Petróglifos de Galiza' (Edicións A Nosa Terra), un volume que repasa a través das fotografías de Xulio Gil e o estudo de Antonio de la Peña Santos o máis destacado deste apartado do patrimonio histórico galego.
No acto presentáronse as catro edicións do libro que sae ao mercado en galego, inglés, francés e castelán. Nel interviñeron Miguel Barros, en representación de Edicións A Nosa Terra, e Xosé Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra. Os autores explicaron durante o acto a orixe do libro, marcada pola ausencia no mundo editorial dun traballo que recollera a calidade e a intensidade dun patrimonio artístico diferenciado da arte galega. Antonio de la Peña, como un dos máis recoñecidos especialistas sobre este apartado achegou a súa bagaxe neste terreo mentres que o fotógrafo Xulio Gil realizou a ampla selección de fotografías que percorren o país amosando o máis destacado do patrimonio galego.
Antonio de la Peña (á esquerda) e Xulio Gil
Descargar Tarifas