PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
A prol do galego, éuscaro e catalán
Premiado o 'esforzo' plurilingüe de Microsoft

Europa Press As institucións responsábeis da política lingüística de Galicia, Cataluña, País Vasco e Islas Baleares, anunciaron hoxe a concesión do I Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español á empresa Microsoft, pola creación de produtos de software en distintas linguas.

Reloxo 23.02.2009 | 15:03
TAGS: Microsoft , Galego ,

Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística. AGN Segundo explicou a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a empresa Microsoft foi elixida para gañar a primeira edición deste galardón polo "seu esforzo en xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías".

Así, Política Lingüística asegurou que esta empresa realizou unha "achega clave" en colaboración coa administración lingüística das catro comunidades co "impulso" dos programas Windows Vista e Microsoft Office en éuscaro, catalán e galego.

Nesta liña, a empresa realizou un "importante esforzo" de inversión para "adaptar os seus novos produtos de software" ás diferentes linguas existentes en España.

A cerimonia de entrega deste premio terá lugar o próximo mércores 25 de febreiro ás 12.30 horas no Círculo de Belas Artes de Madrid. No estarán presentes a presidenta de Microsoft Ibérica, María Garaña, e os catro representantes institucionais de política lingüística de Galicia, Cataluña, País Vasco e Islas Baleares.

O Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe en España foi creado polas catro administracións o pasado ano, con motivo da conmemoración por parte da Unesco do Ano internacional das Linguas, e xorden no contexto do protocolo de colaboración en materia lingüística que dende 2007 teñen en vigor estas catro comunidades.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río