PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
O filme ensaia un novo modelo de distribución
Pradolongo leva o cine aos institutos

Redacción .  'ANT Diario' pasou un día co equipo de Pradolongo no IES As Adurmideiras, na Coruña. Esta semana seguen polos centros de ensino secundario da cidade, amais dos centros cívicos e sedes de asociacións veciñais.

Reloxo 16.04.2008 | 19:09

Pradolongo nos institutos

O filme, dirixido por Ignacio Villar, aborda o contraste entre a Galiza verde e o desenvolvemento industrial, a través dunha louseira e as relacións entre tres rapaces, interpretados por Rubén Riós, Tamara Canosa –colaboradora de A Nosa Terra Diario–e Roberto Porto (quen interpreta o seu primeiro papel logo dunha selección en institutos de Ourense e Lugo). Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos e Belén Constenla completan o elenco. Producido por Vía Láctea Filmes, o filme conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deportes, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, e a colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación e Turgalicia.

En Pradolongo soan o galego de Valdeorras e pezas como a adaptación que Luís Emilio Batallán fixo de "Quen puidera namorala", poema de Álvaro Cunqueiro, cunha nova orquestración. As paisaxes lémbrannos a Sempre Xonxa, vinte anos despois, nesta historia con localizacións en Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín e A Veiga e Carballeda. A Lagoa de Ocelo en Pena Trevinca (as montañas mais altas de Galiza) e as canteiras de lousa de Carballeda son algunhas das paraxes máis sorprendentes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río