PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Confirmado pola Unión Europea de Triatlón
Pontevedra acollerá o Campionato Europeo de triatlon en 2011

Redacción .  Pontevedra acollerá o Campionato de Europa de Triatlón en 2011, segundo ven de confirmar a Federación Española de Triatlón (FETRI), despois de que fose designada polo Comité Executivo da Unión Europea de Triatlón (ETU).

Reloxo 03.07.2009 | 10:42

Saleta Castro na Copa de Europa de triatlón Saleta Castro na Copa de Europa de triatlón

Na presentación da candidatura da cidade do Lérez, de 20 minutos de duración, interviñeron a alcaldesa en funcións de Pontevedra, Tareixa Casal; a concelleira de Deportes, María dos Anxos Riveiro e o director xeral de Deportes, Xaime Agulló, entre outros.

O Comité Executivo, presidido pola española Marisol Casado, formulou distintas preguntas de tipo técnico sobre a organización das distintas probas que integran o Campionato de Europa Elite, Junior e Grupos de Idade, centrándose en aspectos como a dispoñibilidade hostaleira e os enlaces cos aeroportos do entorno de Pontevedra.

As autoridades municipais pontevedresas agardan que este campionato non só sexa un evento deportivo senón tamén un acontecemento turístico de primeira orde. A capital das Rías Baixas xa organizou con éxito dúas probas da Copa de Europa en 2008 e 2009 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río