PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
O VALEDOR INVESTIGA A VIDEOVIXILANCIA
Polémicas cámaras en Lugo, Ourense e O Grove

Manuel Vilas O Movemento polos Dereitos Civís di que o Concello de ourensán usa cámaras de tráfico para controlar as persoas.

Reloxo 13.02.2008 | 13:29

Cámara de videovixilancia Cámara de videovixilancia. Flickr: Quam 07

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) alerta que “o Concello de Ourense recoñece o uso ilegal de cámaras de tráfico para tarefas de videovixiancia”. A asociación tamén denuncia situacións semellantes nos concellos de Lugo e O Grove.

Na cidade das Burgas, o MpDC alerta que o municipio “carece da autorización da Delegación do Goberno para ter operativos dispositivos de control cidadán”. Con todo, o concello recoñeceu nun escrito que as cámaras “cumpren un dobre obxectivo: o principal é a protección da seguridade cidadá e o secundario (que ven definido na disposición adicional 8ª) é a vixilancia do tráfico”.

Informe de Madrid

O MpDC lembra que, segundo informou o Goberno Estatal no Parlamento, só dous municipios do país -Santiago e A Coruña- teñen permiso para usar cámaras con fins de videovixilancia.

No caso de Lugo, o Movemento adianta que o Valedor do Pobo vai investigar a instalación cámaras de videovixiancia no Polígono do Ceao. O Concello está a tramitar o permiso para esas cámaras, que a organización cidadá non considera adecuada. O Movemento aposta porque a Policía controle o tráfico sen ter que usar aparellos de vixilancia.

Gran irmán na Festa do Marisco

Por último, no Grobe, oValedor do Pobo iniciou esta semana a investigación sobre a “utilización indebida” por parte do concello na Festa do Marisco.

“Durante o pasado mes de setembro, o Concello instalou catro dispositivos de vixilancia nas carpas nas que se desenvolvía a festa para controlar os posibles furtos, segundo o edil de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea. Non obstante, a entidade carecía dos permisos necesarios estabelecidos pola Lei”, di o Movemento.

O que di a Lei

A instrución 1/2006 da Axencia de Protección de Datos é a Lei que regula estes dispositivos. Entre outros requisitos, obriga ás autoridades a avisar da presenza das cámaras, tanto se gravan como se non, e usalas só cando non existen outros medios de control.

O Movemento tamén denunciou a existencia da cámaras sen sinalar ao redor do Parlamento de Galicia, en Santiago.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río