Bocixa/ Raquel Rey . Cerceda acollerá un dos campionatos de acrobacias máis importante a nivel internacional os días 28 e 29 de xuño
Aeromodelismo. Bocixa e Raquel Rey
Para celebrar o seu 25 aniversario, o Clube de Voo As Gaivotas, organiza o Open Internacional de Aeromodelismo Acrobacia F3A. A cita terá lugar o último fin de semana de xuño na pista de aeromodelismo de Rodís, no Concello de Cerceda. ANT TV estivo con varios dos responsables do clube e pasou unha xornada cos participantes do curso de aeromodelismo que tamén leva a cabo no Concello de Cerceda. Un deporte diferente que cada vez atrae a máis persoas desexando probar a experiencia de pilotar un avión.