PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Para pagar a hipoteca
 25.07.2008 | 20:15

O outro día lin por aí unha entrevista co actor Jimmy Barnatán ("Los Serrano", O Día da Besta, Torrente…) explicando que facía moitas cousas (ademais do xa citado traballo na pantalla, tamén é músico e escritor) porque tiña que pagar a hipoteca.

A reflexión levoume, precisamente, a reflexionar.

No de sempre.

A ver: canta xente da farándula galega pode vivir dos seus méritos artísticos?, pode un facer fronte á hipoteca só dedicándose á diletante vida artística?, dan os dereitos de autor da meirande parte dos compositores/as, escritores/as para pagar a hipoteca?

Xa sei que a resposta é que non. Ou que a resposta é que moi poucos.

E incluso sei que tampouco pasa nada porque iso sexa así. A fin de contas, que carallo, un mentalízase de que fai isto por amor á arte, ou á causa, ou á terra, ou ás letras, ou á literatura, ou para que o queiran máis, ou para saír un día no xornal, ou para morrer de gusto ao verse nos andeis das librarías, ou para que lle aplaudan ou para… o que sexa, e xa está.

Ou non.

Porque non que non está.

Porque estamos, de novo, no de sempre. Haiche moito, moitísimo creador na “lengua común” (róncalle o nabo) española, que sen ser mellor que os creadores de Nós (ollo, tampouco peores, non lles son eu nada talibanciño) si que poden pagar a hipoteca e incluso as copas.

E iso, cando  menos, ten un puntiño de inxustiza.

Marcho.

Teño cita co director da sucursal do meu banco.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río