Redacción . Conferencias, exposicións, un concurso de pinturas, lectura de poemas, a publicación dunha revista e un roteiro literario recordarán a Francisco Añón en Outes.
Retrato de Francisco Añón
Co gallo do 130 aniversario da morte de Francisco Añón, a Asociación Cívico-cultural Terra de Outes organiza unhas xornadas dedicadas a lembrar á figura do poeta, a época histórica na que se desenvolveu a súa actividade e a súa transcendencia literaria. O programa de actividades, que se desenvolverá do 14 ao 20 de abril na Casa da Cultura de Outes, inclúe conferencias a cargo de Xesús Balboa, Pilar Sampedro, Carlos Pereira, Manuel Sendón e Gonzalo Navaza, exposicións, lectura de poemas, un concurso de pinturas, a publicación da revista Terra de Outes, que lle adica un especial ao poeta, un itinerario polos lugares vinculados á súa presenza en Outes e unha ofrenda floral o domingo 20 de abril diante do monumento do escritor.