PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
PROMESA DO CONCELLO
Ourense terá wifi de balde en parques e aldeas

Europa Press A Universidade de Vigo proba que a fenda dixital na capital das Burgas é de dez puntos respecto á media estatal.

Reloxo 08.02.2010 | 16:09

O investigador Tomás Cotos durante a presentación do estudo. Á súa beira, Agustín Fernández, concelleiro de Facenda e Promoción Económica O investigador Tomás Cotos durante a presentación do estudo. Á súa beira, Agustín Fernández, concelleiro de Facenda e Promoción Económica. UVIGO

Un estudo da Universidade de Vigo asegura que a sitaución das conexións á Rede na cidade de Ourense equipárase aos municipios de máis de 10.000 habitantes e menos de 20.000. Ademais, datos do Instituto Nacional de Estatística do 2009, relegábana á penúltima posición entre as 52 capitais de provincia, superada soamente por Granada.

Estes datos recóllense no 'Estudo sobre a fenda dixital no Concello de Ourense', que foi presentado hoxe polo concelleiro de Economía e Facenda de Ourense, Agustín Fernández; o director xeral, Xosé Anxo Vázquez Barqueiro; e o profesor da Facultade de Empresariais do Campus de Ourense, Tomás Cotos.

Este estudo recolle que a porcentaxe de fogares da cidade de Ourense que dispón dun dispositivo electrónico co que conectarse a internet é do 52,55 por cento, moi por baixo do 62,3 por cento de media nos fogares galegos ou do 63,6 por cento dos fogares do territorio nacional.

Deste xeito, o profesor da Facultade de Empresariais do Campus de Ourense Tomás Cotos resaltou que a cidade de Ourense "equipárase" cunha porcentaxe "un pouco maior" dos municipios con máis de 10.000 habitantes.

Segundo o estudo do Campus de Ourense, o 80 por cento dos fogares con ingresos superiores a 1.500 euros teñen dispositivos electrónicos para o acceso a internet fronte ao 82 por cento de fogares que non dispón de dispositivos electrónicos ao ter ingresos inferiores a 1.500 euros. Así mesmo, máis dun 45 por cento dos fogares non teñen equipos electrónicos polo custo económico que supón ou pola falta de coñecemento sobre o seu uso.

Tomás Cotos sinalou que neste estudo, realizado en setembro do 2009 a través dunhas 500 enquisas, reflíctese que en vivendas onde algún dos seus membros ten menos de 15 anos a porcentaxe de vivendas con dispositivos electrónicos para o acceso a internet crece até o 91 por cento, porcentaxe que se mantén constante até vivendas con algúns membros menores de 30 anos.

1,5 millóns para unha wifi municipal gratis ou patrocinada

Ante estes datos, o concelleiro de Economía de Ourense, Agustín Fernández, sinalou que a fenda dixital é unha "fenda dixital" na cidade, xa que se atopa situada "nos últimos lugares do Estado español". Para o edil, as causas desta situación atópanse no "envellecemento da poboación, nivel de renda e o descoñecemento".

Para eliminar esta fenda dixital, Agustín Fernández manifestou que entre os anos 2009 e 2010 investíronse 1,5 millóns de euros nunha rede wifi que se atopa en disposición de funcionar na práctica totalidade das zonas públicas da cidade de Ourense e núcleos rurais do termo municipal.

O concelleiro de Economía sinalou que será un "servizo gratuíto" que "ou ben prestará o Concello ou, se se consegue como noutras provincias, terá un patrocinio publicitario".

O político argumenta que é "fundamental" o acceso a internet para a "competitividade" e o "desenvolvemento" no futuro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río