PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Presentación da II Copa do Futuro
Oubiña e Vázquez apadriñan o fútbol base pontevedrés

Redacción .  A Deputación de Pontevedra organiza un torneo no que participarán máis de 2.000 rapaces e que contou co mediocampista internacional e o capitán do Pontevedra como anfitrións sobre o céspede de Pasarón.

Reloxo 13.05.2008 | 16:05

Presentación da Copa do Futuro Presentación da Copa do Futuro. DP

A II Copa do Futuro Deputación de Pontevedra foi presentada hoxe en Pasarón con Alejandro Vázquez, capitán do Pontevedra, e Borja Oubiña, xogador do Celta de Vigo, como padriños.

O torneo de fútbol 7 prebenxamín, que se desenvolverá desde o día 17 de maio até o 29 de xuño, dispón de sete sedes distribuídas por toda a provincia. Ponteareas (17 e 18 de maio), Soutomaior (24 e 25 de maio), Lalín (31 de maio), Tui (1 de xuño), Cangas (7 e 8 de xuño), Ribadumia (14 e 15 de xuño) e Vigo (27 de xuño) acollerán os partidos do circuíto durante a primeira fase. Máis de 2.000 nenos de colexios e clubs de toda a provincia (o dobre que na pasada edición) participarán nun torneo que, segundo os organizadores, "pretende ser unha ocasión para que os nenos, lonxe dos resultados, gocen participando e aprendan valores como o respecto ao adversario, ao árbitro e o espírito deportivo".

Enrique Sotelo, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e encargado da área de deporte no organismo provincial, destacou a labor da organización para elaborar o evento: "Este acto é a confirmación decidida do apoio ao deporte base por parte da Deputación de Pontevedra é a consolidación dun proxecto co que cubrimos un baleiro que facía falta encher".

Borja Oubiña tampouco quixo perder a ocasión de poder colaborar un torneo en favor do deporte base. O centrocampista do Celta de Vigo mostrábase feliz e ilusionado. "Creo que como deportistas debemos estar con este proxecto; para min é un orgullo ser padriño da Copa do Futuro e intentarei apoiala en todo o que poida", asegurou o vigués.

Por parte do Pontevedra, Alejandro Vázquez dixo: "A Copa do Futuro é un proxecto moi bonito e moi importante, porque estamos falando do futuro do noso fútbol".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil