Redacción . Guitiriz acolle o vindeiro 5 de setembro o XVI Encontros na Terra Cha, que este ano están dedicados a Antón Santamarina, primeiro presidente das Mocedades Galeguistas de Bos Aires. Alí reuniranse escritores, entre eles, Xavier Alcalá ou Xosé Martínez Romero e históricos galeguistas como Avelino Pousa Antelo, recentemente premiado co Ramón Piñeiro 'Facendo país' e Antón Moreda.
A Asociación cultural Xermolos pon en marcha o 5 de setembro unha nova edición dos Encontros na Terra Cha na que reúne a escritores e persoeiros destacados da cultura e o escenario político galegos. Desta vez, a xornada está dedicada a Antón Santamarina, o primeiro presidente das Mocedades Galeguistas de Bos Aires. A Casa das Palabras acolle a partir das 16:30 horas un dos actos centrais da xornada, a mesa redonda na que participarán Xavier Alcalá, Xosé Martínez Romero, Antón Moreda, Avelino Pousa Antelo e Pilar Xeremías. O encontro terá lugar na Casa das Palabras e será precedido pola actuación da Quenlla. En paralelo, inaugurarase a exposición 'Irmáns Suárez Picallo' na Casa das Palabras, coa colaboración do Concello de Sada. Memoria da Chaira Ademais, Xermolos organiza o 8 de setembro unha homenaxe a Manuel María, coa lectura dunha escolma dos seus poemas e unha pregaria no cemiterio de Campo de Santa Isabel.
Avelino Pousa Antelo.
Descargar Tarifas