PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Os tres tenores
 06.10.2008 | 12:30

Agora que se vai esgotar a lexislatura, por necesidade e non por virtude, o ritual preelectoral estanos a pór diante dos ollos o privilexio único de ser espectadores dunha reedición daqueles famosos tres tenores que abarrotaron estadios, só que en troques de Domingo, Carreras e Pavarotti, van ser Touriño, Feixóo e Quintana. Como facían aqueles cantantes, onde actúa un, acompañan os outros dous dando a tabarra. A batalla é polo control da axenda política. Quen consiga marcala terá moito camiño gañado cara á cita electoral.

Touriño tenta ser a axenda. Se Luís XIV quixo ser o Rei Sol, el quere ser o “Presidente-orballo”: cubrir o país de carisma presidencial. Os outros dous tenores cantan coas notas duns inquéritos que devolven os socialistas galegos á crúa realidade de franquía do socialismo estatal.

Quintana toca noutra clave: reforzar as credenciais institucionais do nacionalismo. O seu espazo é reabrir o debate sobre o autogoberno e a posición de Galicia no Estado. Os outros interpretarán calquera composición que non leve a Madrid o desgusto doutra reforma estatutaria.

A Feixóo nótaselle que vai descubrindo o ben que se pasa na oposición. Xentileza dun bipartito que alegremente lle permite pasearse polo país dando leccións como se nunca mandase. Canta para que os temas da axenda xiren arredor das cousas que levamos anos escoitando que se van facer pero non se dan feito: o tren, o voto emigrante… a partitura dos outros tería que ser, pero non é, recordarlle que foi goberno, con maioría absoluta, moitos máis anos e tampouco se fixeron.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil