Redacción . A nova norma comunitaria que impón un recorte de até o 60 por cento no prezo das mensaxes de texto (SMS) enviados desde o estranxeiro entrou en vigor o 1 de xullo.
O novo regulamento comunitario impón tamén un tope ás tarifas das maioristas (as que se cargan entre si os operadores) pola transmisión de datos e o uso de de Internet en itinerancia, que irá diminuíndo durante os próximos tres anos. A partir do 1 de xullo, este marzo máximo será 1 euro por mega, tarifa que baixará a 80 céntimos por mega o 1 de xullo de 2010, e a 50 céntimos por mega un ano máis tarde. O obxectivo desta medida é evitar sorpresas nas facturas. As compañías terán que informar os seus clientes cando se chegue ao 80 por cento deste limiar. Os límites baixarán 4 céntimos cada ano, de maneira que en xullo de 2012 a tarifa máxima para as chamadas realizadas en itinerancia caerá ata 35 céntimos por minuto e para as recibidas ata 11 céntimos (fronte a 46 céntimos e 20 céntimos na actualidade, respectivamente). Ademais, a UE obrigará ás compañías telefónicas a facturar por segundos e non por minutos todas as chamadas itinerarias, tanto as realizadas como as recibidas, a partir do segundo 31, algo que xa se fai en España. Hoxe en día, os usuarios pagan un 24 por cento máis dos minutos utilizados ao facer chamadas e un 19 por cento máis no caso das chamadas recibidas. Durante a votación deste regulamento, España abstívose por considerar que podería provocar aumentos de prezos noutros servizos de telefonía.
Con esta medida, os cidadáns comunitarios que viaxen a outros países da UE pagarán un máximo de 11 céntimos de euro por SMS, fronte á media comunitaria actual de 29 céntimos. No caso de España, o prezo medio é aínda máis elevado, de 40 céntimos, segundo os datos de Bruxelas. Ademais Facua denunciou que agora será un 36,4 por cento máis caro enviar unha mensaxe dentro de España que desde o estranxeiro.
Pero ademais, a norma obriga os operadores a avisar a partir do 1 de xullo de 2010 aos consumidores cando o seu consumo supere os 50 euros.
Unha vez que se alcance o límite, mandarase un segundo aviso aos usuarios indicando o procedemento que deben seguir se desexan continuar descargándose datos en itinerancia. Se o cliente non responde, o servizo interromperase. Os usuarios terán a posibilidade de fixar un límite distinto aos 50 euros.
A norma prorroga ademais tres anos os topes que xa se aplican ao prezo das chamadas de voz no estranxeiro, que en principio terían que expirar en 2010.
Esta nova situación foi criticada por Facua, xa que coa chegada da norma, enviar unha mensaxe de texto (SMS) desde o estranxeiro custará aos usuarios 0,11 euros, máis impostos indirectos, mentres que o prezo para os SMS nacionais costa 0,15 euros, máis IVE.
Facua denunciou nunha nota que esta diferenza supón que enviar unha mensaxe de texto en España é un 36,4 por cento máis caro que facelo en 'roaming' desde outro país da Unión Europea.
"Movistar, Vodafone e Orange cobran unha abusiva tarifa de 0,15 euros máis IVE polos SMS enviados dentro do territorio nacional", destacou a asociación.
Por esta razón, Facua apuntou que "segue reivindicando" ao Goberno que emule a Bruxelas e impoña ás compañías de móbiles tarifas máximas de voz e datos. "É a única vía que pode acabar cos desproporcionados prezos que aplican os grandes operador dada a falta de competencia e as desmesuradas marxes de beneficio do sector", engadiu a agrupación.
Facua considera que as 'eurotarifas' aprobadas polo Parlamento europeo para os SMS, cunha rebaixa do 60 por cento sobre os 29 céntimos anteriores, para o acceso a Internet e para as chamadas realizadas en roaming supón descontos "positivos" aínda que aínda "claramente insuficientes", xa que os operadores continuarán contando con "marxes desproporcionadas".
Ademais do recorte nos prezos das mensaxes, a partir de hoxe as operadoras incorporarán as novas tarifas máximas para as chamadas en 'itinerancia' ('roaming') establecidas pola Comisión Europea, que reduce o prezo das chamadas realizadas ata os 43 céntimos por minuto (desde os 46 céntimos que se cobra actualmente) e ata os 19 céntimos por minuto para as chamadas recibidas (fronte aos actuais 22 céntimos).
Descargar Tarifas