Redacción . O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) situou a taxa anual no conxunto do Estado no 4,9 por cento no mes de agosto, catro décimas menos que no mes anterior, segundo o indicador adiantado elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta taxa acádase despois de que o mes pasado se elevara até o 5,3 por cento, o nivel máis alto dende xaneiro de 1997, cando o INE comezou a elaborar esta serie. En xuño deste ano tamén se superara o 5 por cento. Este é o primeiro descenso do IPC, despois de que rexistrara subidas ao longo de catro meses consecutivos. Fai un ano o IPC harmonizado estaba no 2,2 por cento, 2,7 puntos menos que a súa actual taxa. O indicador proporciona un avance de como evolucionaron os prezos en España no mes de agosto. A información que proporciona é unicamente orientadora, polo que non ten que coincidir cos datos definitivos do IPC, que se darán a coñecer o próximo 11 de setembro.
Supermercado