PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Presentado o estudo do RACC en Galiza
Os galegos, os que máis se queixan das estradas

Redacción .  As 500 persoas entrevistadas en Galiza polo Real Automóbil Club de Catalunya amosan unha preocupación maior que a media estatal polos accidentes de tráfico e tamén maiores críticas ao estado de conservación ou utilidade das estradas.

Reloxo 14.05.2008 | 14:06
TAGS: Tráfico , accidentes , ,

Imaxe dunha estrada galega Imaxe dunha estrada galega. Crego

O Real Automóbil Club de Catalunya presentou na Coruña a súa XI Enquisa RACC de Mobilidade e Seguridade Viaria, para a que realizaron un total de 5.000 entrevistas en todo o estado, das que 500 foron en Galiza e desvelaron unha preocupación lixeiramente maior á media española polos accidentes de tráfico, cun 95 por cento galego ante o 92 por cento estatal. Así mesmo, a enquisa amosou o profundo malestar que existe no territorio galego polo estado das estradas, cuxas melloras consideran “moi necesarias” á hora de prever accidentes, un nivel de queixa que está dous puntos por riba da enquisa xeral (48% por 46%).

No que coinciden os condutores galegos e do resto do estado -segundo o informe que presentou Cristina Catalá- é no que máis lles inflúe no modo de condución é ver accidentes na estrada, seguido da suspensión do carné e o importe das multas e a perda de puntos. Porén, aos entrevistados de 18 a 24 anos impáctalles máis a suspensión do carné que ver un accidente.

Por último, os condutores galegos usan algo máis o cinto de seguridade que o que dita a media estatal, que marca un 93 por cento polo 96 por cento en Galiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil