Redacción . É a barba un símbolo identificativo da masculinidade? No caso dos galegos semella non ser así, xa que segundo unha enquisa feita pola marca de produtos Wikilson Sword, o 88% non a usa. O estudo recolle que o 80% dos homes galegos lles gusta ir sempre perfectos e ben afeitados e tres de cada catro confesan ter no seu poder produtos para o coidado da pel.
A enquisa 'Wilkinson Free Your Skin' recolle que a porcentaxe de galegos que se ve sen barba é superior á de calquera outra comunidade. O 88,19 por cento dos enquisados por Wilkinson afoirma verse sen barba fronte ao espello. Pola contra, só un 10 por cento ser vería con barba de dous días. Wilkinson Sword, unha das marcas máis importantes de produtos de afeitado fixo este estudo entre preto de 2.500 españois coa finalidade de coñecer os gustos, costumes e tendencias dos homes españois en torno ao afeitado. O estudo tamén revela que cada vez son máis os homes que se coidan e que consumen gran variedade de produtos adecuados para a súa pel. Neste sentido os galegos enquisados están entre os españois máis presumidos ou que máis se coidan: o 75 por cento confesa que o seu armario está cheo de produtos para o coidado e hixiene persoal. O 88 por cento confesa non verse con barba, e solo o 10 por cento confesa declara levala habitualmente. Paralelamente nin a barba poboada, bigote e perilla triunfan entre os galegos, que son, por diante de aragoneses e castelán-manchegos os máis presumidos. Sen embargo, case o 60 por cento dos participantes no estudo confesa afeitarse unha vez por semana, polo que se pode deducir que o look sen barba é máis un reflexo do que lles gustaría levar do que verdadeiramente fan. Só o 13 por cento dos enquisados asegura afeitarse unhas cinco veces por semana. Máquinas dun único uso Como moitos españois, os galegos prefiren as máquinas de follas nun 92,41 por cento e non eléctrica, que a usa case o 8 por cento. E dentro das máquinas de follas, ao contrario que a maioría dos enquisados, os galegos prefiren os aparellos dun único uso (72 por cento). O xel (53 por cento) e a espuma de afeitar (40 por cento) son os complementos máis utilizados polos galegos no afeitado. Un dato curioso é que en Galiza as nais son as que mercan estes produtos (57 por cento dos casos) fronte á maioría dos españois que afirma ocuparse da compra destes produtos.
Descargar Tarifas