Redacción . O Consello da Xunta aprobou o decreto mediante o cal a Consellería de Innovación regulará a ordenación dos 'furanchos', que a partir de agora pasarán a considerarse un novo grupo de establecementos de restauración, diferenciados de bares, cafetarías e restaurantes.
Ademais de cumprir coa normativa turística, estes establecementos estarán suxeitos ás normas municipais que lles sexan de aplicación, o que ofrecerá garantías de igualdade de oportunidades en relación a outro tipo de establecementos, ao tempo que se crean garantías aos clientes e ao propio sector.