Bocixa/ Raquel Rey . A Asociación Xiara pon de manifesto a precariedade laboral que veñen sufrrindo as empregadas de fogar debido á falta de dereitos e á explotación que normalmente sofren.
Asociación Xiara. Bocixa e Raquel Rey
Dereito ao desemprego, condicións dignas na Seguridade Social, cobrar por unha baixa desde o terceiro día, eliminar a explotación no sector e ao dereito a un soldo digno, son, entre outras, algunhas das reinvindicación da Asociación de empregadas de fogar Xiara. Chaman a antención sobre unha situación laboral precaría que sofren as mulleres empregadas de fogar chegando até situacións extremas de explotación. Unha das súas preocupacións máis relevantes é o desequilibrio entre unhas e outras empregadas na cuantía dos soldos que perciben polo seu traballo e o feito de que hai empregadoras e empregadores que intentan pagar o menos posíbel ou que chegan manter ás empregadas en réxime interno sen ningún tipo de liberdade. Como asociación levaron a cabo diversas actividades de sensibilización como messas redondas, folletos informativos, produción dunha curtametraxe (Esquecidas, de Luqui Matthews). Tamén forman parte da Plataforma pola dignificación do Emprego de Fogar, a cal realizou varias propostas a nivel lexislativo para o cambio das súas condicións sociais e laborais. Ahora, poñen en marcha unha proposta para modificar a lexislación eliminando o Réxime Especial polo que se regula o traballo de empregada de fogar e así pasar a ser traballadoras con plenos dereitos solicitando un salario mínimo e unhas condicións básicas que todas as empregadoras e empregadores deben cumprir sen excepcións.