PUBLICIDADE
Venres, 08 de agosto de 2008
Para demostrar que non se están a enriquecer
Os deputados galegos terán que presentar a súa renda

Redacción .  O borrador do Regulamento do Lexislativo da Cámara galega obrigará aos deputados a presentar a declaración da renda, que incluso podería facerse pública en Internet.

Reloxo 18.05.2008 | 16:31
TAGS: Cámara , deputados , Parlamento , PP , BNG , PSOE ,

Sesión plenaria no Parlamento Sesión plenaria no Parlamento. AGN Os deputados da Cámara galega deberán presentar a súa declaración da renda todos os anos para demostrar que non se están a enriquecer máis alá do que perciben pola súa dedicación parlamentaria, segundo se establece no borrador de reforma do Regulamento do Lexislativo que están a elaborar os grupos de PPdeG, PSdeG e BNG.

Así o confirmaron fontes parlamentarias, que e sinalaron que se está a estudar a posibilidade de publicar a declaración da renda de cada político, actualizada anualmente, no sitio web de Parlamento.

Non obstante, esta cuestión non está decidida porque podería colisionar coa Lei de Protección de Datos, polo que se consultará aos Servizos Xurídicos do Parlamento. En todo caso, si se poderá acceder a través de internet ás declaracións de interese e de patrimonio, ao igual que xa se poden ver os soldos dos parlamentarios.

Até o momento, os representantes dos grupos no relatorio que elabora o texto, Xesús Palmou (PP); Pablo López Vidal (PSOE) e Tereixa Paz (BNG), consensuaron preto dun terzo do texto, aínda que quedan pendentes algunhas cuestións. Con todo, os tres destacaron o clima de entendemento, que permitiría ter o borrador rematado antes das vacacións de agosto.

Deste modo, tamén pactaron establecer unha forte blindaxe contra posibles casos de transfuguismo, para evitar feitos como o acontecido na Asemblea de Madrid hai uns anos, cando os deputados Tamayo e Sáez saíron do Grupo Socialista e fixeron caer o goberno de coalición con Esquerda Unida.

Trátase de impedir que varios deputados poidan irse do seu grupo para constituír un novo que represente un partido que non obtivo representación nas eleccións. Ademais, crearíase un grupo de non adscritos, no que os seus integrantes perderían varios dos dereitos parlamentarios.

A xeito de anécdota, os tres comentaron que sería imposible de levar á práctica a división dun dos grupos en dous, tal e como ameazou o PPdeG cando PSdeG e BNG acordaron unha repartición dos senadores por designación autonómica pola que obtiveron un cada forza, de forma que os 'populares' quedaron sen un dos que tiñan na anterior lexislatura.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil